Instalacións
A casa do Albergue Alvarella procede do primero racionalismo arquitectónico galego, proxectada nos anos 40 polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro. Restaurouse mantendo o proxecto e a estrutura da casa inalterados, para convertela nunha pousada de catro habitacións dobres con baño.
Conta cun salón-comedor, unha sala-biblioteca, unha galería-mirador, cociña e porche cuberto. Situada nunha finca de 50.000 m2 rodeada dun lustroso bosque, e a un tiro de pedra de centos de lugares para visitar.
A nosa finca incorpora instalacións para todos os servizos, un nexo de unión entre todos os espacios comúns para unha experiencia completa: dende unha escapada de aventuras chea de actividades e aprendizaxe, ata unha toma de contacto ca naturaleza con largos paseos de calma e descanso. ¡Todo o que precisas está aquí!
Habitacións
No albergue contamos con 12 habitacións de 4-5 plazas con baño e calefacción con total accesibilidade. Dúas delas están totalmente adaptadas para persoas con discapacidade (baños máis amplos e liteira retirable para maior espazo). Os baños son propios e teñen ducha integrada, para máxima privacidade e confort. A calefacción de chan radiante con termostato propio permite aos hóspedes axustar o ambiente á súa preferencia. As habitacións teñen dúas liteiras e un sofá-cama para 1 ou 2 persoas. Todas teñen mesita con taburetes e varios armarios con caixóns para que os hóspedes se organicen como precisen.
A casa
É unha casa procedente do primeiro racionalismo arquitectónico galego, proxectada nos anos 40 polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro.
A casa restaurouse mantendo a estrutura da casa inalterada para convertela nunha pousada de 4 habitacións dobres con baño privado. Tres delas contan cunha cama de matrimonio, e a outra con dúas camas xemelas. Unha das habitacións de matrimonio conta cunha galería moi tranquila e solleira. Hai diferentes zonas comúns, entre as que se atopan un salón-comedor, unha salita-biblioteca, unha galería-mirador, unha cociña e un porche cuberto.
Palleira
Este é un espazo do albergue que funciona como unha sala de usos múltiples na cal podes desfrutar tanto de diferentes xogos tradicionais da nosa cultura popular como desfrutar do mellor cine coa gran pantalla instalada e o equipo sonoro. Tamén podes facer reunións, almorzos, tertulia e incluso practicar deporte coa mesa de ping-pong ou o rocódromo nunha das paredes exteriores (previa reserva con monitores). Coa intención de buscar o teu maior confort en calquera época do ano, esta instalación conta cunha caldeira de pellets que aporta calor para que poidas desfrutar totalmente desta instalación incluso en inverno.
Edificio didáctico
A nosa preocupación pola natureza e o medio ambiente levounos a que o novo edificio do albergue mantivese unha coherencia medio-ambiental e que fora un edificio singular que reunise en si mesmo os principios de sostenibilidade, sen perder un ápice do encanto e sobriedade do medio rural no que se atopa inmerso. Os criterios ecolóxicos que seguimos nas nosas construccións expóñense a continuación.
Bioclimática
As construccións bioclimáticas teñen en consideración a morfoloxía do lugar, a climatoloxía e a orientación da zona na que se levantan: integrado armónicamente no medio, orientado ao sur e considerando o clima da zona.
Bioconstrucción
As bioconstruccións procuran empregar materiais naturais, de procedencia local, renovables, reutilizables e reciclables para reducir no posible o impacto sobre o medio natural e posibilitar un desarrollo sostible: situado no lugar adoitado, aplicando arquitectura solar pasiva, e empregando materiais priorizando os recursos naturais.
Biosostible
As construccións biosostibles intentan non esgotar os recursos naturais nin alterar o medio para que as xeracións futuras se atopen un mundo habitable: buscando eficiencia enerxética, implementando un programa de tratamento de residuos e xestionando racionalmente o auga e a luz.
Comedor
O comedor ten capacidade para 72 persoas.
A finca
A finca mide aproximadamente uns 50.000 metros cadrados, dedicados a usos agrícolas e forestais, con diferentes especies autóctonas e numerosas árbores frutais. É o nexo entre zonas de uso común como a piscina, comedor, palleira, barbacoa, pista deportiva, zona de xogos tradicionais e amplos espazos verdes.
Miles de recunchos onde perderte e conectar de primeira man ca natureza. Non te conformes cunha foto, ¡ven e descúbreos por ti mesmo!
A piscina
A piscina está aberta únicamente na tempada de verán. Está no recinto do albergue, situada ao sur da casa, nun lugar moi solleiro e está cercada en varias zonas con árbores para ter zona de sol e de sombra. A zona menos profunda mide 1m e chega a medir 1,6m na máis profunda, polo que non é necesaria a presencia dun socorrista, pero sí a de persoas adultas cando se bañen nenos pequenos.
































































































