Albergue Alvarella

Ecoturismo e educación ambiental en Galicia

Estamos próximos ao Parque Natural das Fragas do Eume, unha das paraxes naturais máis interesantes do norte galego, e tamén moi cerca de cidades de gran interés cultural e urbanístico como Ferrol (20 km), Betanzos (15 km), Pontedeume (5 km) e A Coruña (25 km), coas praias de Miño, Perbes e Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións.

O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cadrados. Consta dun edificio concebido para turismo de grupos, con 12 habitacións de 2-5 plazas, dúas delas adaptadas para persoas con discapacidade, todas con baño e calefacción. Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, ergido sobre un bancal e oculto baixo as árbores, xogando a ser un escondite e un observatorio da natureza. O albergue non é só un aloxamento, senon tamén un centro de aprendizaxe e iniciación á cultura medioambiental, que incorpora solucións constructivas bioclimáticas e ecolóxicas, aproveitando a enerxía solar e eólica.

Existen ademáis outras zonas de uso común como a piscina, o comedor, a palleira (sala de usos múltiples), a pista deportiva, a zona de xogos tradicionais e amplos espazos verdes.

Ofertamos para grupos obradoiros e actividades de educación ambiental en relación co Parque Natural das Fragas do Eume, o Patrimonio Histórico Eumés, as enerxías renovables, o litoral Atlántico e a reciclaxe de residuos e augas; así como rutas de sendeirismo, cabalo e piragua.

Os servizos

WiFi

WiFi gratuíto en todo o recinto

Xardín

Gran espazo de natureza e axardinado

Piscina

Aberta na tempada de verán

Ocio

Diversas zonas de ocio, ping-pong, rocódromo, fútbol…

Aparcamento

Zona ampla e gratuíta para aparcar

Mascotas

Mascotas admitidas baixo previa consulta

¡E moito máis! ¿Queres descubrir todo o que podemos ofrecerche?

Lugares preto

Nas cercanías de Alvarella podes atopar todo tipo de contrastes sen perder tanto o interese turístico como o natural. Destacan grandes cidades como poden ser as cidades da Coruña ou Ferrol, ou pobos máis pequenos como Betanzos ou Pontedeume, que non perderon o seu encanto eterno. Tamén podes atopar espazos naturais como a fermosa Praia de Vilarrube ou perderte na inmensidade do bosque atlántico das Fragas do Eume. Nos nosos arredores hai numerosas actividades tanto deportivas como culturais ao teu alcance. ¡Anímate a probar!

Calidade

Dende Alvarella intentamos promover un turismo sostible e amigable co entorno. Dende o ano 2009 somos posuidores da ETIQUETA ECOLÓXICA EUROPEA (ECOLABEL) pública e de calidade ambiental, abalada pola Unión Europea. Somos o único establecemento hosteleiro en Galicia e primero albergue de España en posuir esta etiqueta. Tamén somos orgullosos posuidores da etiqueta de calidade de Proyecto Ceres Ecotur, unha iniciativa da Fundación Ecoagroturismo que pon en valor a preservación e difusión do patrimonio rural e o entorno medioambiental.

Restauración para grupos

Ao longo do ano ofertamos o servizo de restauración para grupos, para a celebración de todo tipo de eventos diversos. Con menús previamente concertados e preparados co maior esmero á forma de cociñar tradicional, empregando produtos de tempada, da nosa horta ou de mercados locais.

Novas

Nova galería na casa

Acabaron as obras de instalación da galería acristalada na fachada oeste da casa de Alvarella. Con esta galería gañáronse 20m2 e se lles proporciona aos clientes un recuncho especial dentro da casa.

Novas láminas nas habitacións

As 12 habitacións do albergue Alvarella contan con novas láminas decorativas. Cada lámina, unha en cada habitación, mostra diferentes elementos e espazos do PN Fragas do Eume. Ademáis, hai unha de maior tamaño no túnel do pavillón norte, nesta lámina pódese observar...

Reforestación do bosque

Alvarella sigue avanzando firme na idea de revalorizar os montes da nosa terra. Neste último avance, deforestáronse 3 zonas de monte de eucaliptos e plantáronse 650 novas árbores autóctonas como cereixos, carballos autóctonos e americanos, sobreiras, castiñeiros,...