Contorna
Preto de Alvarella hai centos de lugares que visitar e onde vivir experiencias inolvidables. Sería imposible mostrarche todo o que este anaco de Galicia ten para ofrecerche, pero nesta sección atoparás unha selección de lugares destacados para visitar durante a túa estancia.
Ocio
No noso albergue preparamos unha selección inmensa de actividades de lecer para brindarche horas de diversión, aprendizaxe y relaxación ao alcance da túa man. Pero se buscas experiencias polos arredores, ofrecémosche unha serie de actividades e eventos de entidades locais para picar a túa curiosidade e que te lances a buscar as experiencias que fagan a túa estancia inolvidable.
Actividades de ocio
- Hípica
- Surf
- Vela
- Piraguismo: descenso polo río do P.N. Fragas do Eume e recorrido pola ría de Ares (servizo ofrecido por Firrete Aventura)
- Paseos en barco
Eventos
- Pantin Classic Surf
- Feira Medieval de Betanzos
- Festival “El Loro Facu”
- Rally de Ferrol
Fragas do Eume
O Parque Natural das Fragas do Eume foi creado no ano 1997, ten unha superficie de 9.125 Ha e abarca os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, As Pontes e Pontedeume. os bosques do río Eume son un dos últimos reductos representativos do que foi o bosque autóctono que cubría Galicia. Destacan pola súa biodiversidade, atopándose nelas ata 23 especies distintas de árbores, 21 de fieitos (algunhas relictas e endemismos europeos), 250 de liques e musgos, 100 de fungos e 126 de animais vertebrados (en moitos casos especies protexidas pola súa rareza ou escasez).
Chámase “fraga” ao tipo de bosque con gran influencia do clima atlántico costeiro, no que destaca a espesura da súa vexetación, o que mantén unha humidade e temperatura características no seu interior. A súa vexetación está dominada na beira do río polo bosque de galería, polos fieitos e por especies de prantas adaptadas á falta de luz. As especies de árbores tamén crecen en función da necesidade de auga, sendo o salgueiro (Salix sp.) e o ameneiro (Alnus glutinosa) as que atopamos na beira do río.
Máis lonxe veremos outras árbores que forman o bosque: carbaño, castiñeiro, freixo, laurel, abelaira, sanguiño, etc. Entre as numerosas especies de fieitos destacan o fieito real (Osmunda regalis) e a Woodwardia radicans (catalogada cómo especie ameazada e protexida pola lei).
En canto aos animais que viven no río e no interior do bosque, destacaremos o reo (peixe parecido al salmón que se atopa en perigo de extinción), anfibios como a rara salamántiga galega (endémica de Galicia), multitude de aves (incluso o escasísimo búho real) e algúns mamíferos como a nutria que vive nas súas augas. Podes ver os planos de distintas rutas de sendeirismo e ciclismo por este espazo na sección de recursos.
Castelo de Andrade
O Castelo de Andrade está situado sobre a Pena Leboreira, usábase como bastión defensivo. Foi construido por Fernán Pérez de Andrade “El Bueno”. A Torre maestra é de pranta cadrada, con vinte metros de alto e dez de ancho. O grosor dos muros é de dous metros e medio. Debeu ter tres pisos, cubertos cunha bóveda de cantería sobre a que estaba a parte almeada. O resto do edificio adáptase á configuración do terreo e pecha un patio de armas de 140 m².
Na única entrada ainda se percibe, borroso, o escudo dos Andrade. Estaba franqueada por dous torreóns prismáticos. Unha pequena fosa nos flancos sur e este remataba a obra. Conta a lenda que o castela conecta por medio dun túnel subterráneo ca residencia dos Andrade en Pontedeume.
Pontedeume
Vila histórica medieval na desembocadura do río Eume, con numerosos lugares de interese: o porto e o moderno paseo marítimo; a rúa real porticada, por onde pasa o Camiño de Santiago; a Igrexa parroquial de Pontedeume (S. XVI); o antiguo Convento de San Agustín (S. XVI); o templo románico de San Miguel (na cima do monte Breamo, que domina a vila); a Torre de Andrade, resto último do palacio destruido; e a espectacular ponte que cruza o Eume.
Cara o interior adentrámonos no Val do Eume, hoxe Parque Natural das Fragas do Eume.
Betanzos
Esta vila situada a 23 kilómetros da Coruña é unha soberbia mostra de arquitectura medieval, coas súas casas blasonadas e o seu barrio mariñeiro que a dotan de soberbia beleza. Hoxe Betanzos non ten mar, pero antigamente tivo un florecente porto.
De antigos castros xurdiu a romana Brigantium Flavium, e dela a actual Betanzos. O rei Alfonso IX concedeulle o mesmo foro que a Coruña, comezando así unha nova e próspera etapa. Porén os protagonistas da súa historia medieval foron a poderosa familia dos Andrade e outros fidalgos que xustifican o topónimo de Betanzos dos Cabaleiros. Nobreza e burguesía atraeron aos franciscanos, cuxa igrexa, co sepulcro de Fernán Pérez de Andrade «O Bó», constitúe unha obra cumbre da arte galega circa 1400.
Moi preto ergéronse os templos de Santa María del Azogue (con sorprendentes relieves flamencos no seu retablo) e Santiago que, unidos ao peculiar trazado das calles (restos das murallas e das súas portas), conforman un suxestivo e fermoso conxunto urbano. En siglos posteriores ergéronse outros edificios de interese, entre eles o destinado para o Arquivo do Reino, que non chegou a instalarse nel.
Entre as súas lugares de interese atópanse A Casa Consistorial, o Convento de Santo Domingo, o Edificio do Arquivo, a Igrexa de Santiago, a de Santa María de Azogue e a de San Francisco, onde se atopa o mellor monumento funerario de Galicia, o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade; o seu museo das Mariñas, o famoso xardín El Pasatiempo, así como a súa animada zona de viños.
As festas que cada ano se celebran en honor de San Roque teñen especial fama tanto polo famoso globo de papel que se eleva nelas, como pola romería fluvial dos Caneiros, única no seu xénero.
Ferrol
Esta cidade aséntase na ría de Ferrol, ainda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara o Océano Atlántico na zona rural. Contitúe unha das cidades galegas máis importantes no campo industrial, cunha especial influenza do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
O conxunto patrimonial histórico de Ferrol ten un gran valor pola ordenación do territorio e o plantexamento urbanístico da cidade. Neste sentido destaca a aproximación á utópica cidade portuaria da Ilustración cun contraste entre o barrio portuario de Ferrol Vello, tipicamente medieval, e o de da Magdalena. Declarado Ben de Interese Cultural (BIC), distínguese pola súa rigurosa retícula rectangular e as prazas de gran simetría. Este conxunto urbanístico pode considerarse como un exemplo máis próximo á cidade ideal do século XVIII.
Á entrada da ría de Ferrol nas dúas orillas contrarias atópanse os castelos de San Felipe e A Palma, que antigamente uníanse mediante unha cadea e servían de protección á cidade.
A comarca de Ferrol destaca polo seu amplo litoral, que permite desfrutar da natureza, e sobre todo do contacto co mar. Unha paisaxe que permite desfrutar das Rías Altas onde atoparemos pequenas e tranquilas praias ata grandes areais abertos ao Océano Atlántico (Doniños, Sano Xurxo ou Covas). Ata 7 praias que gozan do distintivo da bandeira azul.
É igual de interesante a Lagoa de Doniños que está emprazada nun profundo val, comunicado coa praia de Doniños por un amplo complexo dunar. A lagoa, que acada os 9 metros de profundidade nalguns lugares, é hábitat de numerosas aves, como fochas, zampallóns chicos, carceta común ou ánade real.
No concello de Valdoviño atopamos a Lagoa da Frouxeira, no frente costeiro do val do río Aviño. Ten unha extensión de uns 1.600 metros de largo por 500 metros de ancho, e é hábitat de especies como garzas reais, nutrias, cercetas, patos, ánades, agachadizas, zampallóns, cormoráns grandes e varios tipos de gaivotas.
Na Serra da Capelada, preto de San Andrés de Teixido, atópase o acantilado máis alto de Europa. Ten 613 metros de altura sobre o nivel do mar na Garita de Herbeira, e unha pendente do 80%.
A Serra da Capelada descende directamente dende a Garita de Herbeira ata augas do Océano Atlántico. Unha sucesión de cantís que se abren á intensa oleaxe. É moi frecuente ver cabalos en estado salvaxe na estrada que atravesa a serra. Ademáis convén acercarse a San Andrés de Teixido, un dos lugares máis profundamente ligados á lendas e as mitoloxías galegas, xa que “quen non vai de vivo irá de morto“. É unha aldea do concello de Cedeira situada na Serra da Capelada. Ten unha igrexa co mesmo nome, sendo un coñecido lugar de peregrinación. De alí é típico o “Pan de San Andrés”: 5 pequenas figuriñas feitas con miolos de pan e coloreadas. Tamén hai “Herba de Namorar” que se da nos arredores e dise que é boa para os males de amores.
A Coruña
Situada no Noroeste da Península Ibérica, é unha cidade milenaria, atlántica e cosmopolita, na que o océano é protagonista dos seus máis de 2000 anos de historia. A Coruña é unha cidade de mil posibilidades. Da máis tranquila paisaxe mariña ata rúas cosmopolitas e vitais alumeados polo sol ou o neón. Dende voces proclamando as existencias nos postos de peixe e marisco, ata os paseos pola Ciudade Vella, polo Paseo Marítimo, polas súas praias de areas finas e brancas. Con lugares para o esparcimento e espazos naturais onde desfrutar de vistas e paisaxes espectaculares. Dende arte e museos, pasando por restaurantes, tascas, pubs e bares ata as discotecas, o casino e os recitais de música clásica.
MUSEOS CIENTÍFICOS
Coñecidos como as Tres Casas, neles descubrirás o mundo submarino, os segredos do ser humano e os enigmas do firmamento. O universo ao alcance da túa man para que o desfrutes cos cinco sentidos:
- Aquarium Finisterrae (Acuario e Casa dos Peixes)
- Casa das Ciencias (Planetario)
- Domus (Casa do Home e sala de cine Imax)
O Castelo de San Antón é unha antiga fortaleza e prisión e actual museo arqueolóxico e histórico. A Torre de Hércules é patrimonio da Humanidade dende 2009 e símbolo da Coruña, único faro romano do mundo en funcionamento. Casi 2000 anos de historias do símbolo da cidade baixo o cal, di a lenda, está enterrado o xigante Gerión. Unha visita á nosa cidade non estaría completa sen desfrutar das magníficas vistas que ofrece este faro.
Camiño de Santiago
Pola veciña parroquia de Andrade pasa o tramo do Camiño Inglés máis próximo a Alvarella, e dende aquí podemos visitar unha das máis importantes mostras do patrimonio cultural relixioso vinculado ao camiño e coñecido polo Románico Eumés. As igrexas de Santiago de Pontedeume, San Miguel de Breamo, San Martiño de Andrade, San Xoan de Vilanova e Santa María de Doroña (na nosa parroquia). É o camiño que realizaban os peregrinos que chegaban a Galicia a través do mar dende os portos do Báltico, Países Escandinavos, Países Baixos, Flandes, norte de Francia e, sobre todo, ingleses e irlandeses. Dende os portos de Ferrol ou A Coruña comezaban a súa marcha a pé ata Santiago. Hai dous tramos:
- Tramo de A Coruña (68 km): unha variante pasa por O Burgo e Cambre. A principal por Alvedro, Carral, Bruma (Mesía), Ordes, A Igrexa (Oroso), Sigüeiro e Santiago de Compostela.
- Tramo de Ferrol (57 km): transcurre por Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Santuario de Nosa Señora do Camiño (onde se cruza co Camiño que ven de Oviedo), Betanzos, Abegondo e Bruma (Mesía) onde se une co tramo de A Coruña para continuar ata Santiago.
Museo etnográfico de A Capela
A “Casa do Pazo” é a sede central do Museo, un aula viva onde se presenta a “casa” como unha unidade básica da sociedade rural, que non só responde á necesidade de refuxio da familia senón tamén ás necesidades sociais e ás derivadas dunha economía de autosuficiencia.
A “Casa” compleméntase co “Parque Etnográfico do Sesín”, un eco-museo exterior onde se amosa como o HOME aproveita dunha forma racional os recursos que o MEDIO lle ofrece máis aló dos campos.
Un recorrido polas dependenzas da “Casa do Pazo” (a cociña, o cuarto, a sala, os alpendres, a eira…), o “Parque Etnográfico do Sesín” (os muiños, o soto, o monte, a foia…) e a “Escola de Guitriz” lle permiten ao visitante acercarse ás formas de vida e traballo das xentes da zona; formas que están a punto de olvidarse por completo pola evolución dos tempos.
Igrexas e mosteiros
Mosteiro de Monfero
A fundación do mosteiro sitúase arredor do ano 1135 baixo o reinado de Alfonso VII. Co transcurso dos séculos o conxunto arquitectónico sufríu a decadencia que ocurreu en Galicia tras a Idade Media. O mosteiro foi gobernado pola Congregación Cisterciense dende 1506 ata 1835. Tras o desvanecemento do Cister, o mosteiro comezou o camiño cara a súa decadencia ata que en 1970 iniciouse nel unha lenta restauración. O templo consta dunha pranta en cruz latina cunha sola nave sobre a que se abre unha cúpula octogonal de influenzas italianas. Exteriormente, destaca a orixinalidade do frontispicio que presenta unha decoración axedrezada, feita mediante perpiaños de granito e pizarra enmarcados por pilastras e columnas de orde corintio. O claustro presenta unha replanteo ojival-renacentista, coa excepción do segundo andar pertencente ao século XVIII. Posúe bóvedas estreladas e fonte barroca.
Mosteiro de Caaveiro
Construido nos séculos X e XI, sitúase nunha elevación do terreo, entre os ríos Eume e o seu afluente Sesín. Dise que foi fundado por San Rosendo e primero foi mosteiro benedictino, pasando logo a ser rexentado polos canónigos da orden de San Agustín. No século XVI comeza a súa decadencia ata que a principios do século XIX foi abandoado definitivamente. A finais deste século inténtase a restauración do Mosteiro. O 13 de agosto de 1971 foi declarado Conxunto Histórico-Artístico e Paisaxe pintoresca, en 1975 declarouse Monumento de interese Histórico-Artístico e en 1980 expropiaronse os terreos que o conteñen pola creación do P.N. Fragas do Eume.
Santa María de Doroña
Santa Mª de Doroña xa existía no ano 1185. Neste ano concédense ao Mosteiro de Caaveiro o dereito sobre as ¾ partes dos beneficios de Doroña. A Igrexa de Doroña ten unha nave e unha ábside de planta semicircular románicas, acabadas na segunda mitade do século XII. A portada é sinxela, con un par de columnas e arquivolta lixeiramente apuntada. Destaca no tímpano un relevo do Agnus Dei sobre a porta de entrada que está protexida por un pórtico cuberto. Un curioso campanario elévase sobre un contraforte lateral, probablemente para mellorar a acústica das campás. No interior, o arco triunfal de medio punto apoiase sobre columnas con capiteis ben labrados. Xunto á igrexa podemos ver un fermoso exemplar de acacia negra (árbore introducida e asilvestrada en Galicia).
San Miguel de Breamo
A Igrexa de San Miguel de Breamo é de estilo románico de finais do século XII (1187). Destaca pola súa sobriedade ornamental. Con pranta de cruz latina, unha soa nave e tres ábsides semicirculares (tipología que non adoita abundar no románico galego), foi restaurada nos séculos XVI e XVII. Na parte superior ábrese un rosetón construido na primera mitade do século XX. Nela celébranse dúas das romerías máis populares da zona, o 8 de maio e o 29 de setembro. Tradicionalmente hai que dar 3 voltas á capela en completo silencio para afastar ás meigas.
San Juan de Vilanova
A igrexa está fechada no ano 1040, polo que é unha das máis antigas mostras do románico galego. Trátase dunha construcción reducida en tamaño e de sinxela estrutura, que consta de nave lonxitudinal única coroada por un ábside semicircular e dúas portadas laterales. A fachada occidental data do século XVIII, pero sabemos que a antiga tiña un Agnus Dei no tímpano. No interior chama a atención a absoluta sobriedade ornamental, pois tan só o ábside se decora mediante dúas sinxelas ventás laterais e unha imposta lisa que marca o arranque da bóveda de forno. O máis destacable desta igrexa é a decoración exterior do ábside. Trátase dunha estrutura típica lombardo-catalana con arcuacións cegas e lesenas que dividen o espazo verticalmente. Sobre estas arquerías disponse unha pequena cornisa lixeiramente volada que se decora cun trenzado inusual en Galicia. É por isto que no ábside foi onde se empregou o mellor material, unha magnífica sillería de granito.
San Martín de Andrade
Igrexa dunha nave rectangular coroada en ábside semicircular, cuxa fachada principal non se conserva, atopando no seu lugar unha fachada barroca. Ao exterior, o ábside divídese verticalmente en tres calles por dous contrafortes prismáticos, e en cada unha delas aparece unha ventá sinxela de dobre derrame similar ás de San Juan de Vilanova. O máis destacable nesta igrexa son os canecillos antropomórficos, xeométricos e vexetais que sustentan a cornisa do ábside. Polo demáis, nada se pode dicir desta pequena igrexa parroquial da que só se conserva un ábside que non destaca pola súa importancia.
Praias
O noso persoal estará encantado de recomendarche alguna praia en función do tipo que estés buscando e a distancia que queiras desprazarte dende o albergue!
Preto
- Miño (a 5km do albergue en Miño): praia de bandeira azul de considerable extensión e zonas de recreo, con merendeiros e barbacoas. Servizos de aparcamento, restaurante e duchas.
- Cabanas
- Perbes (en Miño): praia pequena e recollida de augas tranquilas. Servizos de aparcamento, restaurante e duchas.
- A Magdalena (a 1km de Pontedeume tras ponte dirección Ferrol): praia de entorno semi-urbano de considerable extensión, cun pinar habilitado de merendeiros e barbacoas. Servizos de aparcamento, restaurante e duchas.
- Ber (en Boebre a 4km do casco urbano por estrada de costa): praia rectilínea de entorno semi-urbano de area branca e fina, con zona de fondeo de embarcacións. A súa ocupación estival é alta. Aparcamento cercano con parking, restaurantes, duchas e servizo de vixilancia.
Media distancia
- Pantín (surf)
- Doniños (surf)
- San Xurxo
- Valdoviño
- Vilarrube
E moito máis!
Petroglifos
O concelo de Vilarmaior ten a maior concentración de gravados rupestres da provincia da Coruña, sendo unha das maiores de Galicia. Como a maioría dos petroglifos galegos, a súa cronoloxía vai dende o Neolítico Final ata a Idade de Bronce, ainda que algúns son máis modernos.
Río Baxoi
No río Baxoi, a 3km do albergue, atópase unha das construccións máis tradicionais: o Muíño de Ferreñas. Os muíños son pequenos e rústicos. A súa situación adoita ser en lugares de forte pendente, o que provoca a existencia duns canais en altura polo que a forza da auga na súa caída é maior. Aproveitan esta forza para mover a roda, poñendo en funcionamento o mecanismo que transformará o gran en fariña. Son construccións de pequeno tamaño, con pranta rectangular e muros de cachotería, cunha pequena ventá situada nun lateral que serve para alumear a estancia. A cuberta, a dúas augas, é de pizarra.
Museo de Historia Natural de Ferrol
O Museo formouse xuntando pequenas coleccións, froito de moitos anos de traballo de varias xeracións de naturalistas, que se amosában entre os socios e visitantes habituais do que era o local social da SGHN en Ferrol. A partir do ano 1991 abríuse ao público a primeira exposición sobre a cartografía galega e dende ese momento comezáronse a exponer, de forma habitual, os fondos que permanecían nos almacéns da SGHN.
En poucos anos a exposición contaba xa con coleccións únicas, co futuro obxectivo da creación dun Museo de Historia Natural en Ferrol, perseguindo a súa consecución baixo os principios de dignidade e respeto á natureza que rixen os estatutos da SGHN, poñendo especial énfasis no criterio seguido para a formación da mostra expositiva: “que ningún animal sexa capturado ilegalmente, nin sacrificado ou danado e ningunha especie explotada para a súa mostra, mantendo sempre unhas normas éticas no seu contacto ca natureza, encamiñadas a non alterar o medio”.




























































