Actividades

Dispoñemos dunha gran cantidade de actividades variadas: escalada natural e en rocódromo, xogos populares (a chave, a billarda, a rá…), obradoiro de cestería, xogos de orientación no bosque, tiro con arco, elaboración de sidra tradicional, facer cinta plana, tingir e estampar camisetas, rutas a cabalo, ¡e moito máis!

Cabe destacar as rutas de sendeirismo r bici polos arredores do albergue e polas Fragas do Eume. Visita a sección de recursos para ver os planos destas rutas, alí tamén atparás unha gran colección de ligazóns de interese de entidades turísticas, museos e sitios de interese.

Dende actividades físico-deportivas para todas as idades, para grandes grupos ou para familias, pasando por cursos diversos dirixidos por expertos. Non dudes en contactarnos para descubrir todo o que temos que ofrecerche para chear a túa estancia de experiencias inolvidables.

Actividades para a educación ambiental e a sostenibilidade

En Alvarella, como Entidade para a Educación Ambiental e Aula de Natureza (Xunta de Galicia) e Equipamento para a Educación Ambiental (CENEAM), levamos a cabo actividades que integran diferentes áreas do coñecemento, sempre adaptadas aos distintos niveis educativos, á composición dos grupos e á duración da estancia. Cada actividade estrutúrase en charlas, visitas e obradoiros, sempre dirixidas por un equipo de monitores/as especializados/as.

Toda a programación de actividades para a Educación Ambiental e a Sostenibilidade pódense desarrollar en inglés. Esta proposta está destinada especialmente aos grupos bilingües. Contamos para a súa aplicación con monitores/as con coñecemento pleno do idioma inglés.

Finalmente, todo o plan lectivo pódese complementar coa nosa oferta de actividades de ocio e tempo libre: estampado e tingido de camisetas, elaboración de colgantes e pendentes, papel de auga, velas, sales de baño, colonias, xogos de pistas e moito máis!

O extenso volumen do noso plan educativo está pensado para adaptarse a todo tipo de grupos e áreas de aprendizaxe que se desglosan más abaixo en bloques temáticos, ademáis dos obxectivos de aprendizaxe que se traducen na adquisición de coñecementos e actitudes positivas con todos os aspectos relacionados co medioambiente, integrando teoría e práctica nunha experiencia que promove a curiosidade e o espíritu crítico e independente.

Non dudes en contactarnos ante calquera dúbida e para definir en detalle a experiencia ideal para o teu grupo. Poñemos á túa disposición unha ficha de información para poder facer a túa consulta de forma eficaz.

8 bloques temáticos

Enerxía

CADERNOS:

ACTIVIDADES:

  • Elaboración de aparellos solares
  • Uso de cociña e forno solar
  • Xogos solares

ROTEIROS E SAÍDAS:

  • Instalación solar de Alvarella
  • Central términa de Meirama e As Pontes
  • Parque eólico experimental de Sotavento
  • Casa da enerxía de As Pontes
Consumo e alimentación

CADERNOS:

ACTIVIDADES:

  • Charla “Boas prácticas ambientais no fogar”
  • Análise de etiquetas
  • Obradoiros de transformación de produtos

ROTEIROS E SAÍDAS:

  • Granxa de vacas
  • Central leiteira
  • Escola de Hostelería
  • Casa do Mel de Goente
Auga

CADERNOS:

ACTIVIDADES:

  • A vida nunha pinga de auga
  • Análise de auga
  • Proxecto ríos
  • Ruta ao río Baxoi
  • Dinámicas para un uso sostible

ROTEIROS E SAÍDAS:

  • O estanque de Alvarella
  • Litoral atlántico
  • Río Eume e Anduriña
  • Praias de Miño e Cabanas
  • Aquaciencia
  • Casa dos peixes
Residuos

CUADERNOS:

ACTIVIDADES:

  • Papel reciclado y aplicaciones
  • Ambientadores y limpiador ecológico
  • Elaboración de jabón
  • Construír cometa

RUTAS Y SALIDAS:

  • Central Sogama
  • Central Nostián
  • Central As Somozas
  • Manipulados de Galicia S.L
Bioconstrucción

CADERNOS:

ACTIVIDADES:

  • Charla e paseo polas instalacións
  • Coñecemento de materiais

ROTEIROS E SAÍDAS:

  • As novas construccións
  • Patrimonio arquitectónico en Pontedeume
  • Patrimonio arquitectónico en Betanzos
  • Patrimonio arquitectónico en Ferrol
  • Patrimonio arquitectónico en A Coruña
Patrimonio cultural

CADERNOS:

ACTIVIDADES:

  • Ruta do Castelo – Igrexa de Doroña
  • Ruta de Pontedeume
  • Ruta de Mosteiro de Caaveiro

ROTEIROS E SAÍDAS:

  • Mosteiro de Caaveiro
  • Castelo de Nogueirosa
  • Torreón dos Andrade
  • Igrexa de Doroña
  • Parque do Pasatempo e Museo das Mariñas (Betanzos)
  • Bazán
  • Arseal de Ferrol
Bosque

CADERNOS:

ACTIVIDADES:

  • Ruta do P.N. das Fragas do Eume
  • Xogos de orientación
  • Construcción de caixas-niño
  • Recoñecemento de madeiras
  • Cestería

ROTEIROS E SAÍDAS:

  • O P.N. das Fragas do Eume
  • O Castelo de Andrade – Igrexa de Doroña
  • Os ríos Anduriña e Baxoi
  • Paseos a cabalo
Litoral

CADERNOS:

ACTIVIDADES:

  • Estudo do litoral na praia da Magdalena

ROTEIROS E SAÍDAS:

  • Praias de Miño e Cabanas
  • Aquaciencia
  • Casa dos peixes
  • Deportes acuáticos (concertar): piragüismo, vela, paseos marítimos…

Obxectivos

  • Promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto ao medio ambiente.
  • Promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientais, congruentes cun pensamento e unha ética ecolóxica orientada por criterios de solidaridade, equidade e xustiza social.
  • Adquirir coñecementos e promover actitudes, valores e comportamentos ambientais en concordancia cun pensamento e unha ética ecolóxica, e un estilo de vida sostible.
  • Valorar a problemática ambiental coma un fenómeno complexo, global e cercano ás nosas vidas.
  • Desenvolver hábitos de conducta que axuden a minimizar a nosa presión contaminante sobre o medio.
  • Asumir posturas respetuosas co medio e participar activamente en tareas de protección, conservación e recuperación do entorno.
  • Integrar os principios, valores e prácticas do desarrollo sostible en todas as facetas da educación ambiental e da aprendizaxe.
  • Fomentar os cambios de comportamento necesarios para preservar a futura integridade do medioambiente, a viabilidade económica e a xustiza social.
  • Definir os aspectos teóricos relativos ao concepto de medioambiente.
  • Promover o dereito a un pensamento plural, crítico e innovador na acción educativa ambiental. A nosa labor é facilitar a información, as ferramentas de aprendizaxe e os recursos educativos para que o usuario forme a súa propia opinión.
  • Coordinar as diferentes modalidades de educación ambiental: formal, non formal e informal.

Cursos e talleres de ocio ecolóxico e vida sá

Son cursos dirixidos especialmente a persoas adultas que desexen adquirir ou ampliar coñecementos sobre actividades de educación ambiental. Baseados en actividades de formación e obradoiros prácticos para o ocio ecológico e a vida sá. Están impartidos por educadores/as especializados/as, para pequenos grupos e normalmente en fin de semana.

Periodicamente propoñemos cursos novos e outros que se repiten en certas épocas do ano:

  • Recollida e cociñado de cogomelos
  • Ornitoloxía e avistamento de aves
  • Fotografía na naturaleza
  • Algas, identificación, gastronomía e usos terapéuticos
  • Hortos urbanos e agricultura ecolóxica
  • Prantas medicinais. Elaboración e conservas vexetais
  • Frutas autóctonas, recoñecemento e reproducción
  • Elaboración da sidra, licores e marmeladas
  • Obradoiros de cestería e outros oficios da Fraga.

Para persoas maiores

Desenvolvemos este tipo de actividades tanto no recinto como en centros de maiores, asociacións dos concellos e outras organizacións deste ámbito, apoiándonos en monitores especialistas para as necesidades dos grupos.

Combinamos ocio e divertimento coa recuperación das vellas tradicións do saber popular, poñendo en valor o coñecemento do patrimonio histórico e natural, con fórmulas de vida sá e actitudes medioambientais positivas: música, cantares, artesanía, literatura oral e vellos oficios, elaboración de perfumes e medicina natural, risoterapia e musicoterapia, a festa medieval no Castelo de Andrade, as muiñadas no muíño de Ferreñas, a Intermareal…